Este luns declaran seis novas testemuñas no caso Déborah Fernández
Publicado o 08/12/2019 19:40
Este luns prestan declaración no Xulgado número dous de Instrución de Tui seis testemuñas do caso Déborah Fernández Cervera. A moza viguesa desaparecera o trinta de abril de 2002 e o seu cadáver apareceu dez días despois nunha gabia do concello do Rosal.
As declaracións prodúcense case 18 anos despois do suceso tras a reapertura xudicial do caso en novembro pola que tanto loitou a súa familia. O xoves pasado xa declarou outra testemuña. Tres das persoas que declararán mañá nunca foran convocadas.
Entre todas as voces que escoitará a xuíza non estará de momento a do principal sospeitoso, que nunca chegou a ser imputado.