Vítimas dos supostos abusos do salesiano nun campamento ratifican as acusacións
Segunda xornada do xuízo contra o sacerdote salesiano acusado de abusos a menores. Os seis ratificáronse nas súas denuncias. As súas declaracións foron a porta pechada para preservar a súa intimidade e cun biombo para evitar contacto co sacerdote acusado de abusos.
Nesta segunda xornada tamén declararon os pais das vítimas, que explicaran como cambiou a actitute dos rapaces dende que presuntamente sucederan os abusos. Tamén testificaron outros menores que asistiron ao campamento e mesmo relataron que presenciaran algún dos presuntos tocamentos e que os propios rapaces tomaran medidas para evitalos, como pechar as cremalleiras dos seus sacos de durmir ou unir as liteiras.
Xa na primeira xornada o sacerdote negara todas as acusacións. O xuízo continúa este xoves coa declaración de varios peritos. A fiscalía pide para o sacerdote 67 anos de cárcere, e responsabilidade civil subsidiaria da congregación dos salesianos, mentres que a defensa pide a súa libre absolución.