CRTVG

Buscar

Declarada a emerxencia sobre a situación de turbidez do río Eume e o abastecemento de auga en Pontedeume

Publicado o 14/10/2020 19:34
Declarada a emerxencia sobre a situación de turbidez do río Eume e o abastecemento de auga en Pontedeume

A Xunta, a través de Augas de Galicia, realizou este mércores a declaración de emerxencia sobre a situación de turbidez en que se atopa o río Eume e as súas consecuencias no abastecemento de auga no concello coruñés de Pontedeume.

Diso informou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nun comunicado, en que explica que a través desta emerxencia se adoptarán as medidas necesarias para reducir os niveis de turbidez.

Tamén permitirá acometer actuacións de emerxencia na estación de tratamento de auga potable para conseguir, o máis axiña posible, que a auga volva ser apta para o seu consumo e que se poida restablecer o servizo á poboación.

Ademais, para seguir a evolución da situación, crearase unha comisión en que estarán representados os técnicos de calidade das augas da Administración autonómica, a empresa responsable da xestión do encoro, o Concello de Pontedeume e a concesionaria do sistema de abastecemento municipal.