CRTVG

Buscar

Declara o detido por matar a súa muller en Asturias

Publicado o 21/05/2021 08:57
Declara o detido por matar a súa muller en Asturias

Hoxe está pevisto que declare o detido por matar a muller en Asturias. Tampouco neste caso había denuncias previas, pero sábese que a vítima pretendía separarse do seu agresor, mais non chegou a tempo. Foi o fillo da parella quen avisou do crime. O home pegoulle un tiro dentro da casa de madrugada.

Foi unha semana especialmente negra, con tres crimes machistas dende o luns. No que vai de ano, foron asasinadas 13 mulleres e dous menores. 

Noticias web

21/05/2021