CRTVG

Buscar

O voceiro do PPdeG en Pontevedra declara pola demanda que presentou contra el o ilustrador Kiko da Silva

Publicado o 02/06/2021 13:14

O voceiro do Partido Popular en Pontevedra, Rafa Domínguez, declarou este mércores nos xulgados pola demanda que presentou contra el o ilustrador Kiko da Silva. O artista acusouno dunha intromisión no seu dereito ao honor, ao insinuar que fora contratado a dedo polo Concello de Pontevedra.

Domínguez defendeu que non criticou a Da Silva, senón as actuacións do Goberno municipal. A Fiscalía pediu a desestimación da demanda.

Noticias web

02/06/2021