CRTVG

Buscar

Declara no xulgado o marido da vítima do crime de Oza-Cesuras

Publicado o 10/02/2021 16:41

Novidades no caso do chamado crime de Oza. Esta mañá pasaron polos xulgados de Betanzos o marido da muller asasinada e algúns veciños aos que a xuíza quixo tomar declaración.

A titular do Xulgado de Instrución número 2 citou a declarar os veciños, que foron os que alertaron do suceso tras ver fuxir ao presunto asasino. Tamén estaban citados os compañeiros de traballo tanto da vítima como do detido e, finalmente, a partir das 11:30, o marido da vítima e a muller do detido.

No xulgado, con todas estas declaracións agardan verter un pouco de luz a este suceso que aínda segue cheo de incógnitas porque, polo de agora, só teñen as declaracións do detido en que dicía que o día do crime el estaba drogado.

Noticias web

10/02/2021