CRTVG

Buscar

Declara como investigado o ex-alto cargo de Moncloa que dimitiu polo Caso Villarejo

Publicado o 06/05/2019 17:21

O ex-director de Interviú e ex-responsable de Información Nacional de Moncloa declarou como investigado pola presunta espionaxe a Pablo Iglesias.

Alberto Pozas dimitira deste cargo tras ser citado como testemuña pola Audiencia Nacional, que investigaba cómo chegou a Interviú a información dun teléfono roubado a unha asesora de Podemos. Daquela Pozas recoñeceu que lle entregara un lapis de memoria con eses datos a Villarejo, polo que o xuíz decidiu volver citalo hoxe como investigado por presunta revelación de segredos.

Noticias web

06/05/2019