CRTVG

Buscar

Décimo aniversario da morte de Amy Winehouse marcada por un novo documental narrado pola súa nai

Publicado o 23/07/2021 21:18
Décimo aniversario da morte de Amy Winehouse marcada por un novo documental narrado pola súa nai

Este venres cúmprese unha década da morte de Amy Winehouse, un dos maiores talentos musicais de principios do século vinte. A icónica cantautora británica que non puido superar a súa drogodependencia e falecía aos 27 anos de idade. O décimo aniversario da súa morte chega marcado por outro documental, desta volta narrado pola súa nai con imaxes inéditas e diversas entrevistas cos seus achegados e familiares. Baixo o título Reivindicando a Amy, a súa familia busca dar unha imaxe máis completa e amable da artista.


 

Noticias web

23/07/2021