CRTVG

Buscar

Decembro bate marca de choiva en Vigo

Publicado o 31/12/2020 14:46

O decembro máis chuvioso do século salva un ano seco e cálido na contorna de Vigo. Á falta dun día por rexistrar, achéganse aos 400 litros por metro cadrado. Moi por riba desa cifra está Fornelos de Montes, onde está o encoro de Eiras que fornece de agua a área metropolitana. Foi un decembro peculiar, que superou as previsións.

En concreto, Meteogalicia rexistrou 330 litros no centro da cidade e 397 no punto de toma do Campus. E aínda queda un día, que se anuncia con mal tempo, polo que parece probable que a cifra final supere os 400 litros. Algo realmente impensable en Vigo, onde a media de decembro se sitúa en 262 litros en Peinador.

O encoro de Eiras pulveriza calquera rexistro: neste decembro levan 622 litros, unha cifra que confirma que se trata da zona de Galicia máis húmida. Grazas á choiva de Fornelos, o encoro que abastece a área metropolitana finalizou o exercicio na súa máxima capacidade.

Os preto de 400 litros colocaron a estatística provisional en 1.253 os recollidos neste 2020, fronte ao momento máis baixo que se deu en 2010, con só 691 litros. Unha situción que volveu colocar Vigo e a súa área ao límite das restricións.

Noticias web

31/12/2020