CRTVG

Buscar

Debátese no Congreso a primeira lei reguladora do cánnabis

Publicado o 19/10/2021 08:07
Debátese no Congreso a primeira lei reguladora do cánnabis

O pleno do Congreso dos Deputados debate este martes a toma en consideración dunha lei para legalizar o uso do cánnabis. É unha proposición de lei de Más País para regular o cultivo, a venda e o consumo do cánnabis.

Segundo unha enquisa do Ministerio de Sanidade, máis de tres millóns de españois de idades comprendidas entre os 15 e os 64 anos consomen habitualmente esta substancia. Más País propón autorizar o consumo a maiores de idade, con restricións similares ás establecidas para o tabaco.

Noticias web

19/10/2021