CRTVG

Buscar

Debate sobre as declaracións de Iceta respecto a Cataluña

Publicado o 28/03/2019 15:09

Nunha entrevista nun xornal vasco, o líder do PSC defendeu que, se un 65% dos cataláns quixera a independencia, España debería buscar unha solución, aínda que despois matizou que non pasaría por un referendo. O PSOE di que non hai tema.

Engaden que non cambiaron a posición sobre Cataluña e que non renuncian ao recoñecemento plurinacional de España, aínda que non apareza nas principais medidas do seu programa electoral. Para o PP e Ciudadanos, Iceta desvelou a verdadeira estratexia de Sánchez respecto a Cataluña.

Na presentación dos candidatos por Madrid, Casado apelou aos votantes de Vox e Ciudadanos para non dividir o voto e que apoien nestas eleccións o PP, a única alternativa, asegura, para que non goberne Sánchez.

Noticias web

28/03/2019