CRTVG

Buscar

Debate sobre a contaminación das estufas das terrazas

Publicado o 09/01/2020 20:36

As estufas de gas das terrazas estendéronse coa lei antitabaco. Dende entón convertéronse en algo contián, pero agora están no punto de mira. En plena loita contra o quecemento global os expertos critican que contaminan e supoñen un dispendio enerxético, pero os hostaleiros defenden o seu uso. Din que hai cousas peores en que poñer a ollada e que a pegada que deixan é mínima. Sinalan que as terrazas só funcionan con elas e que quitalas supoñería un grave prexuízo.

A simple vista semellan ter acollida entre os usuarios, e é que as mesas que rodean as estufas adoitan ser as máis concorridas, pero na rúa hai diversidade de opinións.

Outros establecementos utilizan sistemas eléctricos que buscan a eficiencia usando infravermellos que fan que as estufas se acendan só cando hai xente pero tamén xerán debate polo consumo de enerxía.

Noticias web

09/01/2020