CRTVG

Buscar

Debate no seo do PSdeG sobre os resultados electorais

Publicado o 14/07/2020 14:33

O debate no seo dos socialistas galegos está aberto. Os 15 deputados conseguidos o domingo saben a pouco e hai voces no partido que piden unha reflexión interna. A alcaldesa de Lugo fala de "analizar o por qué destes resultados. Analizar o por qué non chegamos coa nosa mensaxe á cidadanía e analizar como reforzar o proxecto".

Lara Méndez súmase á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e ao compostelán Sánchez Bugallo, que lle recomenda a Caballero aprender do resultado.

Desde Madrid, Carmen Calvo entende que os resultados dos socialistas galegos non son extrapolables a España e di que o Goberno seguirá a súa folla de ruta: "O Goberno non se presentaba a ningunha elección e, en calquera caso, o que ocorre no ámbito do partido non afecta os escanos que temos no Congreso dos Deputados, nas Cortes Xerais, como apoio a este Goberno", asegura a vicepresidenta do Goberno

Co debate interno de fondo en Galicia, Gonzalo Caballero convocou para o xoves a executiva galega do partido.

Noticias web

14/07/2020