CRTVG

Buscar

Debate: adiantar o toque de recollida axudará a frear a pandemia?

Publicado o 20/01/2021 15:15

A situación sanitaria que estamos a vivir está obrigando a tomar decisións cada vez máis estritas e restritivas.

A última das medidas que se están formulando é que poida existir a posibilidade de adiantar o toque de queda entre as 20.00 h e as 21.00 h co fin de reducir ao máximo as interaccións sociais. Hoxe saímos á rúa para coñecer se os galegos ven viable esta opción.

Por outra banda, temos os que pensan que as medidas a tomar para tratar de frear o ascenso no número de contaxios deben ir por outras vías.

Polo de pronto haberá que esperar ás decisións que se tomen hoxe no Consello interterritorial para coñecer se esta medida se pode chegar a aplicar en Galicia. 

Noticias web

20/01/2021