CRTVG

Buscar

De Tui a Santiago, que patrulla da Brilat chega antes ao Obradoiro?

Publicado o 17/06/2021 21:15

Están vendo a chegada ao Obradoiro das patrullas que hoxe participaron nun concurso que organiza a Brilat desde hai 20 anos.

As patrullas compiten por ver quen completa antes o percorrido do Camiño Portugués entre Tui e Santiago. Un concurso que destaca pola súa dureza, porque son 120 quilómetros en que os militares teñen ademais que completar varias probas levando os seus equipos e o seu armamento.

Noticias web

17/06/2021