De Guindos di que a baixa rendibilidade da banca española pode suporlle falta de provisións
Publicado o 20/10/2020 14:54

Os bancos españois teñen problemas para obter beneficios e ser produtivos. Esa é a advertencia que acaba de lanzar o Banco Central Europeo.
Luis de Guindos alerta de que os bancos están a ter fortes caídas de ingresos e isto significa que poden deixar de ter as provisións suficientes para afrontar unha crise.
Sinala que a banca española é a que máis perde porque os clientes están pedindo moitas moratorias para pagar os cartos que deben.