CRTVG

Buscar

David Soto regresa a Barreiro

Publicado o 02/12/2020 22:02

Un rapaz de 17 anos escoita atentamente as instrucións de Paco Herrera no día do seu debut.

"David Soto Sánchez, xogador da S. D. Compostela".

10 anos pasaron daquel partido contra o Cartaxena. David Soto era apenas un xuvenil e xa compartía vestiario e celebracións con xogadores coma Iago Aspas.

"Non só con Iago, que é unha icona do celtismo, senón con outros moitos compañeiros como son Santi Mina, Rubén Blanco, Hugo Mallo, Denis Suárez, Brais".

Quizais algún deles se achegue o domingo a ver ao seu antigo compañeiro, noutro dos derbis da xornada, Celta B-Compostela en Barreiro

"Coñezo ben Barreiro, é un campo pequeno, está en moi boas condicións pero ao final é un campo de dimensións diferentes ao que estamos acostumados e hai que adaptarse rápido".

Porque o filial do Celta encadea dúas vitorias consecutivas e xa é cuarto con 8 puntos. Un menos ten o Compostela que está a ter mellores sensacións que resultados.

"Vai ser un partido moi igualado, dous equipos que van propor un bo fútbol e esperemos que nesa ida e volta o Compostela sexa quen de levar os 3 puntos".

Dous equipos en forma enfróntanse o domingo en Barreiro e David Soto está preparado para calquera cousa.


 

Noticias web

02/12/2020