CRTVG

Buscar

David Mayoral, primeiro reforzo para o Lugo 2021/22

Publicado o 24/06/2021 13:48

O atacante abulense chega cedido polo Cádiz

O Lugo anunciou a fichaxe do dianteiro abulense David Mayoral. Nos últimos anos xogou máis de extremo dereito.

Chega cedido, procedente do Cádiz. A pasada temporada coincidira con Rubén Albés no Hermastad de Romanía.

David Mayoral ten vinte e catro anos e é internacional en varias categorías inferiores da selección española. Formado no Real Ávila, antes de fichar polo Cádiz, xogou no Valladolid e no UCAM Murcia. Co Alcorcón estivo fichado pero non chegou a xogar.

Vemos goles marcados por David Mayoral na liga romanesa.

Noticias web

24/06/2021