David Cal segue con orgullo os éxitos dos olímpicos galegos
Visitamos a David Cal na súa casa, nas instalacións do ría de Aldán. Coas cinco medallas que logrou en tres citas olímpicas. Ata este ano era o padexeiro con máis metais. Acaba de igualalo Saúl Craviotto.
Abriu o camiño. Fixo historia no deporte español con cinco medallas en tres Xogos. Deixou o listón no máis alto. Retirouse hai seis anos pero segue con orgullo os éxitos dos piragüistas galegos como Teresa Portela, Germade e Arévalo.
E como cangués orgulloso tamén do pleno de medallas dos deportistas desta vila en Toquio, 4 de 4.
Seis anos despois da súa retirada, Cal segue sendo referente para os deportistas españois. Deixou o deporte en activo pero mantén a súa vinculación a través do seu traballo no Servicio de Deportes da Universidade de Murcia.