CRTVG

Buscar

David Alaba xogará no Real Madrid cinco temporadas

Publicado o 28/05/2021 20:10
David Alaba xogará no Real Madrid cinco temporadas

David Alaba xa é xogador do Real Madrid. O defensa rematou contrato no Bayern de Münich e chega libre. Iso sí, terá unha das fichas máis altas do equipo, 12 millóns de euros netos por tempada. Ficha por cinco anos. O xogador austriaco, de 28 anos, pode xogar tanto de central como de lateral esquerdo. Arestora está concentrado coa súa selección e será presentado cando remate a Eurocopa.

Noticias web

28/05/2021