Dáse a fuga nun control e intenta atropelar un axente
Publicado o 02/01/2020 11:31
Deteñen a un mozo de Lugo tras darse a fuga nun control policial e tratar de atropelar a un dos axentes. O mozo bateu contra a lanterna do axente que lle daba o alto. O policía logrou retirarse a tempo e resultou ileso.
A raíz do impacto estalou a luna dianteira do vehículo do mozo pero aínda así non parou. Media hora despois foi detido nun local de copas. O mozo deu positivo na proba de alcol e drogas. Esta acusado dos delitos contra os axentes da autoridade e por conducción temeraria.