Dario Gil: "'Dario a diario' é o libro máis emotivo da miña nai"
As Letras Galegas 2021 dedican o seu día a Xela Arías, unha muller comprometida coa arte e coa vida. Darío Gil, o seu fillo, quixo lembrar a súa faceta como nai. Nunha entrevista no programa Bos días, da Televisión de Galicia, rememorou as viaxes que fixo con ela e co seu pai e do ocio cultural. Destacou que a súa nai o levaba a obras de teatro e recitais. Subliñou que era xusta e que sempre lle outorgou liberdade para elixir o seu camiño. Dario destacou que Arias defendeu sempre as causas sociais e que nunca militou nalgún partido político.
En 1995, Xela Arias publicou 'Dario a diario' onde narra as súas experiencias maternais. Segundo destacou o seu fillo, "ese é o libro máis emotivo para min e o que máis me gusta". Dixo que grazas a ese libro ten a posibilidade "de falar con ela das cousas que por desgraza non puiden", cre que é unha forma de escoitala. Dario asegurou que ata os 17 anos nos se introduciu na obra da súa nai e que a día de hoxe, sempre que volve a 'Dario a diario' atopa un matiz diferente.
'Non te amola' é a única obra de Xela Arias que ela revisou pero non publicou. Agora si o fixo o Consello da Cultura Galega, onde se recollen poemas do seu día a día. Para súa familia é unha alegría porque traballara moito nese proxecto e deron o paso de publicala porque era algo que ela quixo facer.
Dario segurou que dende que souberon que este ano ían dedicarlle o Día das Letras Galegas pasaron por mil emocións. Subliñou que "a Xela Arias hai que lela con calma e pouco a pouco porque todo é contido e ten unha razón" e que tivo unha obra moi variada. Xa no plano persoal, destacou que entre as súas inquedanzas está a do consumo de literatura e non o da produción.