Darío Campos di que tentou poñerse en contacto con Gonzalo Caballero sen éxito
Publicado o 07/06/2019 16:18
Con todo, esta mañá, Darío Campos declarou que tentou poñerse en contacto co secretario xeral dos socialistas galegos sen éxito.
Explicou que chamou a Gonzalo Caballero dúas veces e que este non lle colleu o teléfono. Campos asegura que busca o consenso e que traballa para facer unha lista única, para levar a Madrid, xa que é Ferraz quen ten que ratificala.