CRTVG

Buscar

Darias cre que haberá doses suficientes de AstraZeneca e anuncia a chegada de 1,3 millóns

Publicado o 26/05/2021 20:22

• A ministra de Sanidade ve "desexable" que as comunidades autónomas cumpran co acordado sobre a segunda dose de AstraZeneca

O Goberno anuncia a chegada de 1 millón de doses máis de vacinas de AstraZeneca a España. Recibiranas as comunidades autónomas a próxima semana. Así o anunciou a ministra de Sanidade tras a xuntanza do Comité Interterritorial desta tarde.

Son en concreto 1 millón trescentas mil doses de AstraZeneca as que van chegar a España o próximo luns, que se van repartir entre as comunidades autónomas. Sanidade agarda que esta nova remesa, que se suma aos envíos xa feitos pola farmacéutica, sexa suficiente para afrontar a segunda dose dos menores de 60 anos que teñen que completar a pauta de vacinación e poden elixir entre AstraZeneca e Pfizer.

Foi un dos asuntos que se tratou na interterritorial desta tarde. O outro, o do pasaporte COVID−19 europeo. O ministerio e as autonomías acordaron que serán as comunidades autónomas as que se encargarán de emitilo.

Noticias web

26/05/2021