Pablo Iglesias comunica nas redes que deu negativo por coronavirus
O vicepresidente segundo Pablo Iglesias, parella de Irene Montero, xa confirmou a través de twitter que non ten coronavirus pero que seguirá en corentena 14 días.
A ministra de Política Territorial e Función Pública Carolina Darias foi o único membro do Goberno que, tras a titular de Igualdade Irene Montero, deu positivo nas probas de coronavirus. A ministra permanece no seu domicilio e atópase ben, como tamén o está Montero, segundo informou o Executivo.
Durante un tiempo yo también #mequedoencasa y desde aquí seguiré desempeñándo mi responsabilidad. Me encuentro bien. Máxima confianza en nuestro sistema de salud. Nos veremos pronto
— Carolina Darias (@CarolinaDarias) March 12, 2020
A ministra de Igualdade, Irene Montero, deu positivo en coronavirus, segundo informou o Goberno, que explica que se encontra ben e avanza que se lles fará a proba da enfermidade ao resto de membros do Executivo durante a mañá.
Ayer noté síntomas. Me han hecho la prueba del COVID-19 y he dado positivo. Voy a permanecer en casa con mi familia y desarrollando mi trabajo por medios telemáticos hasta que lo indiquen las autoridades sanitarias. Me encuentro bien.
— Irene Montero (@IreneMontero) March 12, 2020
O vicepresidente segundo do Goberno Pablo Iglesias, parella de Montero, encóntrase en corentena por esta situación.
Ayer le hicieron la prueba del Coronavirus a Irene Montero y ha dado positivo. Por indicación de las autoridades sanitarias, yo también participaré en el #CMin a distancia y me quedaré en casa hasta saber el resultado de mi prueba. Tanto Irene como los peques y yo estamos bien
— Pablo Iglesias (@PabloIglesias) March 12, 2020
Todo o Goberno se someteu pola mañá ás probas diagnósticas. Despois houbo un Consello de Ministros extraordinario. Só asistiron os imprescindibles para aprobar o plan de choque contra o COVID-19.
Nunha inusual conferencia de prensa posterior, os xornalistas preguntaron a través de plasma.
Unha das preguntas era, precisamente, sobre o contaxio. Pedro Sánchez asegurou que actuarán como calquera outro cidadán, cumprindo as recomendacións do Ministerio de Sanidade.
Ata Salvador Illa tivo que seguir as súas propias recomendacións e suspender a súa comparecencia na Comisión de Sanidade do Congreso.
"Desexámoslle que as probas lle dean negativo", di un dos seus membros.
Todas as xuntanzas previstas desde aquela realizáronse telematicamente. Os resultados coñeceranse nas próximas horas. Entrementres, o presidente asegura que o goberno de España non para.
En illamento preventivo está a alcaldesa de Barcelona, que o domingo pasado tamén participou nas mobilizacións do 8M. Ada Coulau e cinco dos seus concelleiros quedaron en corentena nas últimas horas despois de manter contacto estes días con persoas que deron positivo na proba do Covid-19.
O Congreso suspende a súa actividade ata o día 24 de marzo. Decidiuno a Xunta de Voceiros, que fixou para esa data un pleno telemático para aprobar os reais decretos pendentes de convalidación.
Con Irene Montero, xa son catro os deputados contaxiados. Nas últimas horas tamén o confirmaba a vicepresidenta do Congreso, a galega Ana Pastor. Atópase ben e estase recuperando na casa.
Tamén Santiago Abascal deu positivo por coroanvirus. El mesmo escribiu nas súas redes sociais: "Este martes, ao coñecer o positivo de Javier Ortega, púxenme en corentena e pedín a un laboratorio privado un test de covid-19. A proba tamén deu positivo, así que seguirei traballando dende a casa. Grazas pola vosa preocupación, aínda que me atopo razonablemente ben".
Este martes, al conocer el positivo de Javier Ortega, me puse en cuarentena y pedí a un laboratorio privado un test de Covid-19. La prueba también ha dado positivo así que seguiré trabajando desde casa. Gracias por vuestra preocupación aunque me encuentro razonablemente bien.
— Santiago Abascal (@Santi_ABASCAL) March 12, 2020
Os reis tamén fixeron esta mañá o test do coronavirus. Fixérono como medida de prevención, segundo informa a Casa Real, despois de que se confirmara o positivo de Irene Montero. A ministra de Igualdade participou nun acto con Dona Letizia o venres pasado. Os resultados das probas serán comunicados publicamente.