CRTVG

Buscar

Darias: "Chegar ao 70 % de vacinados este verán está 'ao alcance da man'"

Publicado o 05/04/2021 20:57

Agora mesmo está inmunizado, coas dúas doses da vacina, o 7 % da poboación española, e o 14,7 % recibiu polo menos unha dose. Con estes datos, e coa previsión da chegada masiva de vacinas neste mes de abril, o Goberno central espera poder cumprir sen problemas os obxectivos de vacinación fixados.

"O obxectivo que hai que acadar de ter vacinado o 70 % da poboación ao longo do verán está ao alcance da man. E é fundamental que sexan as vacinas as que lle gañen tempo ao virus".

Noticias web

05/04/2021