CRTVG

Buscar

Dani Rovira encabeza unha peregrinación a Santiago para dar visibilidade á síndrome de Rett

Publicado o 15/06/2021 17:10

Hoxe chegaban á praza do Obradoiro uns peregrinos moi especiais. Encabezados polo actor Dani Rovira e os pais dunha nena que padece a chamada síndrome de Rett, un grupo de ciclistas completou en Santiago a Vía da Prata do Camiño. O seu obxectivo, visibilizar unha doenza que en España afecta unhas tres mil persoas e recadar fondos para avanzar na súa investigación.

Noticias web

15/06/2021