Dani Giménez: "Fernando Vázquez ten esa aura que nos cambia a mentalidade"
Publicado o 24/01/2020 17:48
• O porteiro loou o traballo do adestrador
O Deportivo viaxa a Albacete con catro vitorias e o ánimo polas nunbes. Troco radical que Dani Giménez atribúe a Fernando Vázquez e á súa aura.
O porteiro confésase sorpendido polas mañas do de Castrofeito e, malia o bo momento, pide prudencia.
En Albacete agarda Diego Caballo, que en cinco meses xogou co Deportivo, contra o Deportivo co Estremadura e agora co cadro manchego.