CRTVG

Buscar

Dan por rematada a busca dos restos de Joaquín Beltrán no vertedoiro de Zaldibar

Publicado o 14/05/2021 09:59
Dan por rematada a busca dos restos de Joaquín Beltrán no vertedoiro de Zaldibar

O Goberno vasco dá por rematada a busca dos restos de Joaquín Beltrán, un dos traballadores que faleceu sepultado no derrubamento do vertedoiro de Zaldibar en febreiro de 2020. A última zona de interese para os traballos, onde se especulaba que podería estar o vehículo de Beltrán cando se produciu o colapso, xa foi peiteada durante estes últimos días, sen éxito.

Rematan así oficialmente os traballos dunha busca que durou quince meses, durante a que se puido atopar o corpo de Alberto Sololuze, no verán do ano pasado, pero non o de Joaquín Beltrán. 

O derrubamento do vertedoiro de Zaldibar ocorreu o xoves seis de febreiro de 2020. Ese día medio millón de toneladas de refugallos caeron sobre a autoestrada AP-8 nesa vila de Biscaia, atrapando os dous traballadores. 

Noticias web

14/05/2021