CRTVG

Buscar

Dan por controlado o gromo nos cerqueiros de Ribeira, pero no concello seguen medrando os casos

Publicado o 12/05/2021 16:49

Ribeira sumou 34 casos novos de covid nos últimos sete días, e dende o concello fan un chamado a extremar as precaucións.

Máis de vinte dos 62 casos activos no concello relaciónanse co gromo dos mariñeiros que compartiron transporte de volta á casa nun descanso da costeira do bocarte. Foi a finais de abril e os armadores confirman que xa hai algún mariñeiro de alta. Os tres cerqueiros seguen amarrados en Xixón, pero polo menos un deles podería retomar a campaña a próxima semana. Dan por controlada a situación, pero dende o sector piden máis protección.

E noutro sector en risco, a hostalería, medra o desánimo. Levan vinte días servindo só na terraza e ao cincuenta por cento, pero de momento a situación non mellora no concello.

Noticias web

12/05/2021