CRTVG

Buscar

Dan a razón aos Franco na propiedade das estatuas que reclama Santiago

Publicado o 09/02/2019 15:05

A xustiza, en primeira instancia, dálles a razón á Familia Franco no litixio que mantiña con eles o Concello de Santiago pola titularidade das estatuas de Isaac e Abraham do Mestre Mateo.

A familia Franco gaña o xuízo pola propiedade das estatuas do pórtico da Gloria. O xulgado número 41 de Madrid desestimou a demanda do Concello de Santiago. Os herdeiros do ditador argumentaban que os Franco compraron legalmente as dúas esculturas do Mestre Mateo hai 60 anos. A acusación sostiña que o seu propietario legal era o Concello, de onde foran supostamente espoliadas no ano 48. Tras a sentenza, o alcalde de Santiago di que perderon a primeira batalla, pero non a guerra. Teñen 20 días para presentar recurso.

 

Noticias web

09/02/2019