CRTVG

Buscar

CxG insta a PSdeG e BNG a apoiar a proposta do PP para suprimir a peaxe de Puxeiros

Publicado o 11/11/2020 18:47
CxG insta a PSdeG e BNG a apoiar a proposta do PP para suprimir a peaxe de Puxeiros

Compromiso por Galicia pídelle ao BNG e ao PSdeG que apoien no Congreso a proposta do PP para eliminar a peaxe do tramo de Puxeiros na AP-9. Argumentan dende esta formación que é unha medida necesaria para que haxa menos tráfico na A-55 e aumentar así a seguridade viaria. Compromiso está tamén en conversas co PNV e con Coalición Canaria para conseguir o seu apoio.

Noticias web

11/11/2020