CRTVG

Buscar

Custodia compartida do gato dunha parella que rompeu a relación

Publicado o 21/09/2020 21:01

Saímos á rúa e preguntamos a parellas con mascota que pasaría co animal co que comparten as súas vidas en caso de separación.

As últimas sentenzas ao respecto non avalarían este posicionamento baseado na propiedade. Na máis recente un xuíz ordenou a custodia compartida do gato dunha parella que rompeu a súa relación. O animal deberá pasar quince dias con cada un e os gastos serán repartidos a partes iguais. 

Nestas sentenzas a xustiza está a recoñecer as mascotas como "seres dotados de sensibilidade", adiantándose ao cambio previsto no Código Civil que define os animais como cousas ou bens mobles; unha reforma que permanece paralizada por mor da pandemia. 

Noticias web

21/09/2020