CRTVG

Buscar

Alberte Pagán, as Also Sisters e Sandra Sánchez, premios galegos no Curtocircuíto

Publicado o 08/10/2018 20:32

Solar Walk da húngara Jakub Rajed na sección Radar e Monelle de Diego Marcon na Explora foron os filmes premiados na edición número 15 do Curtocircuíto. Os xurados salientaron unha edición cunha cantidade extremadamente rica e variada de filmes. A liberdade na utilización dos recursos e a expansión dos xéneros reafirmou a aposta do festival compostelán por un cinema de vangarda que camiña desde o sensitivo ao intelectual e viceversa co mesmo éxito.

Diso sabe moito Alberte Pagán. No ano no que as mesas interxeracionais do Curtocircuíto mesturaron diferentes xeitos de facer cinema en Galicia, un dos precursores do chamada Novo Cinema Galego levou o galardón á mellor curtametraxe galega por Uluru, o seu retrato dunha formación rochosa en Australia. Pagán explicaba que aínda falando dun lugar tan afastado, sempre roda para falar de Galicia. As imaxes de Uluru coincidían en moito coa conexión visceral coa terra que Curtocircuíto estableceu nesta edición.

Premios femininos tamén para as irmás Albert Sobrino co seu The film Machine, ao mellor guión e o CAMIRA á mellor curta. E nesa unión galega coa paisaxe e a transmutación do xéneros que conecta con Pagán, A nena azul, de Sandra Sánchez acadou a mención especial do xurado Galiza e o de mellor dirección dun filme galego. A súa fábula atlántica conecta cun realismo máxico de importante tradición no cinema galego.





 

Noticias web

08/10/2018