CRTVG

Buscar

Curtis queda en nivel máximo de limitacións

Publicado o 24/02/2021 15:14

Curtis queda como está. Os veciños terán que agardar un pouco máis para ver aliviadas as limitacións. O aumento dos contaxios fai que o concello pase a formar parte da lista dos dez municipios que seguirán en nivel máximo de restricións.

Polo momento, continúa o peche perimetral do municipio, a hostalería permanece pechada e non se permiten as reunións de persoas non convivintes.

O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, pide paciencia e prudencia a comerciantes e hostaleiros. Os veciños agardan que a situación mellore e que a vindeira semana o comité clínico lles flexibilice as restricións.

Noticias web

24/02/2021