Cursos de xeroglíficos exipcios no Instituto Teolóxico de Santiago
Os xeroglíficos xa trouxeron de cabeza a Indiana Jones, e probablemente a súa influencia teña parte de culpa do espírito arqueolóxico de moitos de nós. Esta escritura pictórica segue agochando misterios e cativa con escenas extraordinarias e detalladas dese Oriente máxico. Unha memoria escrita en pedra que nos axuda a entender unha das maiores civilizacións da historia.
No Instituto Teolóxico de Santiago imparten cursos de xeroglíficos exipcios que son bastante descoñecidos. Unha escritura de símbolos que serviu de base para os alfabetos que hoxe manexamos e que nos leva ata unha cultura fascinante. Un xeito de aprender sobre a historia cunha experiencia didáctica e amena.
O Instituto Teolóxico de Compostela oferta ademais cursos de sumerio, acadio, arameo, hebreo e das cinco linguas do Oriente bíblico. Afondar nelas é coñecer as culturas antigas que nos axudan a entender mellor o que fomos e tamén, o que somos.