CRTVG

Buscar

Curso exclusivo para mulleres en Vigo para aprender a montar en bici

Publicado o 28/05/2021 21:00

As bicicletas non teñen xénero pero a realidade é que moitas mulleres non tiveron oportunidade de aprenderen.

En Vigo, onde o 70% dos desprazamentos cotiáns son en coche particular, Greenpeace e Mulleres Bicivisíbeis levan esta iniciativa para promover o aumento das mulleres ciclistas.

Esta primeira edición conta cunha ducia de participantes, todas maiores de 16 anos, pero creouse tal demanda que se formou unha lista de agarda de 60 mulleres.

Noticias web

28/05/2021