CRTVG

Buscar

Cursa un dobre grao de Matemáticas e Física e colabora na cociña económica

Publicado o 26/04/2021 14:26

Como todos los luns desde que comezou o curso, Víctor acode puntual á súa cita coa cociña económica e coas Irmás da Caridade.

"É simplemente un servizo que creo que é moi importante para a cidade e gustame estar aqui. A labor dos voluntarios é principalmente empaquetar a comida, porque agora coas restricións sanitarias a maior parte dos usuarios levan a comida para a casa", conta Víctor Ocampo, estudante da USC e voluntario na cociña económica de Santiago.

Este estudante de 18 anos que cursa un dobre grao de Matemáticas e Física na USC, asegura que se trata dun traballo gratificante que lle abriu os ollos cara a unha Compostela que non coñecía.

"Como estudante ves nais estudantes, a parte boa da cidade, pero logo hai cidadáns con necesidades. Pola rúa ves alguén con traxe e gravata e logo pódelo ver aquí comendo na cociña económica. Pódenos tocar a calquera", di Víctor Ocampo, estudante da USC e voluntario na cociña económica de Santiago.

Unha realidade que a maioría dos da súa xeración mira de costas. Malia que Víctor non quere que o expoñan como un exemplo para ninguén, convértese nun raio de luz para as institucións dependentes da colaboración dos voluntarios.

"Chegou aquí con moi boa vontade, deixouse ensinar colaborando moi ben cos outros voluntarios e entendendo perfectamente o que significa ser voluntario. É vir para darse, e Víctor isto entendeuno", asegura sor Alicia Lourido, directora da cociña económica de Santiago.

Actitude, servizo e compromiso como o que rexe na cociña económica de Santiago, onde nin os peores momentos da pandemia, cando se duplicou o número de usuarios, faltou un prato de comida quente para os máis desfavorecidos.

"Levan friameira de comida sobre 130 persooas ao día, e outras 30 aproximadamente comen no comedor. E logo levan tamén a cea máis ou menos outras 100 cada día", di Javier Brage, administrador da cociña económica de Santiago. 
 
Un prato de comida acompañado polo trato próximo das irmás e dos voluntarios que como Víctor dedican parte do seu tempo aos que máis o necesitan.

 

Noticias web

26/04/2021