Curro Torres teme a relaxación do Lugo tras gañar en Fuenlabrada
Publicado o 21/02/2020 16:52
A vitoria en Fuenlabrada non lle serve de panca a Curro Torres para a compracencia. O técnico do Lugo semella ter medo á relaxación do seu equipo.
Na primeira volta o Lugo empatou en Oviedo e o calendario xunta agora dous equipos coas mesmas urxencias, o que fai decisivos os tres puntos en xogo. Cos asturianos chega o novo adestrador, Cuco Ziganda, unha dificultade engadida para o partido.
O Anxo Carro agarda o domingo unha magnífica entrada coa presenza sempre bulideira dos veciños asturianos.