Curro Torres é o sétimo adestrador desde que Saqués é presidente do Lugo
Publicado o 27/12/2019 15:38
Tino Saqués. Catro anos e medio como presidente do Lugo e xa asinou ata o momento sete adestradores. Unha barbaridade. Certo que dous deles, Francisco e Luis César, non foron despedidos, senón que remataron o contrato e aceptaron mellores ofertas lonxe do Anxo Carro.
Eloy Jiménez foi a última destitución do Lugo. Xa se vía vir dende hai semanas pola tensa relación do técnico e a contorna do club.
Eloy Jiménez. Pasaron antes Alberto Monteagudo. Durou 23 xornadas. Javi López apenas estivo dous meses. Un curso completo estivo Luis César e Francisco. A primeira temporada de Saqués houbo dous adestradores: Luis Milla e Xosé Durán. Catro anos medio como presidente. Este é o sétimo técnico.