Curiosa iniciativa dun hotel en Compostela para frear a grafiteiros reincidentes
Publicado o 29/08/2021 18:05
E a curiosa resposta dun hotel de Santiago ante a reiterada actuación dos grafiteiros nas súas fachadas. As pintadas non cesaban de aparecer nas paredes exteriores do aloxamento, eles borrábanas e aos poucos días volvían ao mesmo.
Así que decidiron deixarlle unha mensaxe ao autor para que expresase a súa arte nun lenzo que non causara estragos na propiedade privada. Publicárono nas redes sociais e a singular resposta viralizouse. Iso si, hoxe xa non estaba o taboleiro nin as mensaxes para o autor das pintadas. Levárono tamén.
O que segue presente son os múltiples graffiti nas fachadas do hotel compostelán.