CRTVG

Buscar

Cunha incidencia por riba de 600 Ourense sitúase no nivel alto de restricións

Publicado o 14/07/2021 15:56

A de Ourense é a área sanitaria con máis incidencia de toda Galicia, cunha taxa que supera os 278 casos por 100.000 habitantes a sete días. Pero o que máis preocupa son os datos da propia capital, que se reprega, e retrocede outro chanzo na desescalada.

Volven a subir os contaxios na cidade de Ourense que rexistrou nas ultimas horas 61 casos máis que o día anterior. A incidencia dispárase ata os 632 casos por 100.000 habitantes. Con estes datos, a cidade sitúase no nivel alto de restricións.

A partir deste sábado o ocio nocturno terá que pechar e tamén o interior da hostalaría, que só poderá atender en terraza e ao 50% da súa capacidade.

 

 

Noticias web

14/07/2021