CRTVG

Buscar

Cumprir coa tradición aínda que non se poida

Publicado o 01/11/2019 13:29

Vasoira e balde en man Manuel recorre os cemiterios de Ourense dende primeira hora dándolle o último repaso as sepulturas e colocando as flores. Ligado ao sector funerario dende pequeno hai uns anos decatouse de que a limpeza de sepulturas era un negocio en alza. Dos 300 clientes que ten neste intre máis da metade viven fóra de Galicia.

A través do móbil poden comprobar como están as sepulturas dos seus seres queridos. Estes son días de moito traballo pero o mantemento realizase durante todo o ano.

O prezo vai en función dos quilómetros. Neste cemiterio de San Francisco 71 euros ao ano.

Empresas como a de Manuel permitenos cumplir coa tradición ainda que esteamos lonxe ou non poidamos. Costumes que van mudando e xeran novas posibilidades de negocio.

Noticias web

01/11/2019