CRTVG

Buscar

Crime sen resolver: seis anos do asasinato do cura de Vilanova dos Infantes

Publicado o 09/03/2021 13:50

Seis anos despois da morte do cura de Vilanova dos Infantes, familia e amigos piden que se resolva o crime, que dean cos asasinos que levaron tamén a diminuta Virxe do Cristal.

O dez de marzo de 2015 atopaban na reitoral morto con numerosos golpes a don Aldolfo, así o coñecían todos na parroquia. Juan foi unha das últimas persoas que estivo con el e conta como ao día seguinte o atoparon nun palleiro xa sen vida. 

En xaneiro de 2016, a Garda Civil detiña dous sospeitosos, un home e o seu sobriño, os dous de nacionalidade croata, acudían con frecuencia á casa de Adolfo Enríquez a perdirlle alimentos e cartos. Quedaron en liberdade por falta de probas e dous anos despois a xuíza arquivaba o caso.

Piden que non deixen de investigar. Co cura desapareceu tamén a Virxe do Cristal que custodiaba, a segunda máis pequena do mundo.

Familia e veciños lembrarán esta tarde nunha misa este párroco, bo e xeneroso.

Noticias web

09/03/2021