CRTVG

Buscar

Cúmprense catro meses da desaparición do coruñés Yago de la Puente

Publicado o 17/11/2019 20:01

E esta semana cúmprense catro meses da desaparición en Ortigueira do coruñés Yago de la Puente. A súa familia e os seus amigos reclaman que se continúe coa busca. Manteñen a esperanza de que apareza san e salvo malia a falta de probas e de avances nas investigacións. Yago foi visto por última vez o 14 de xullo. Despediuse dos seus amigos no Festival de Ortigueira e colleu o tren de regreso á casa. Desde entón houbo batidas pola zona, mesmo en municipios limítrofes, pero non se atopou ningunha pista nin rastro do que puido pasarlle a Yago.

Noticias web

17/11/2019