Fai 52 anos do primeiro asasinato da ETA, o garda civil galego Xosé Pardines
Publicado o 07/06/2020 19:21

O garda civil Xosé Antonio Pardines foi asasinado por Txabi Etxebarrieta e Iñaki Sarasketa, dous militantes da ETA, o 7 de xuño de 1968 cando estaba regulando o tráfico na N-1 na localidade guipuscoana de Villabona.
Pardines tiña 25 anos, era natural de Malpica e fora destinado ao destacamento de Tráfico da Garda Civil en San Sebastián aquel mesmo ano.