Fai 27 anos do accidente do 'Mar Exeo' na Coruña
Publicado o 03/12/2019 22:19
Tal día coma hoxe hai 27 anos ocorría unha das maiores catástrofes marítimas da costa galega. O 'Mar Exeo' era un barco que partiu das Illas Shetland, en Escocia, e que transportaba petróleo á refinería de Repsol, na Coruña. Acabou embarrancando na costa coruñesa.
Unha das imaxes que quedaron gravadas na sociedade galega é a da torre de Hércules cuberta por unha fumareda negra. Son imaxes que impactaron aos galegos e que aínda hoxe, 27 anos despois, perduran na memoria.
No servizo 'Á Carta' está dispoñible o programa Buscadores de Naufraxios, que podes ver aquí, onde Fenando Novoa, ex-director do servizo de salvamento narra como foi a súa experiencia.