CRTVG

Buscar

Fai 12 anos do accidente do voo de Spanair en Baraxas

Publicado o 20/08/2020 14:41

Era un día coma hoxe, un 20 de agosto, ás dúas e vinte e catro minutos da tarde. O voo de Spanair que cubría a ruta entre Madrid e As Palmas estrelábase contra a pista de Baraxas pouco despois de iniciar a engalaxe.

O informe da Comisión de Accidentes de Aviación Civil concluíu que a tripulación perdeu o control do avión ao non ter a configurada correctamente a monobra, ao que se sumou un fallo técnico no sistema de advrtencia sonoro.

Como consecuencia, 158 mortos e 18 feridos, aos que nesta data se volveu lembrar con flores, poemas e un minuto de silencio no lugar da traxedia. Vítimas e familiares seguen reclamando xustiza.

O Congreso dos Deputados acordou reabrir a comisión de investigación sobre o accidente. A asociación de vitimas e familiares agarda que o seu informe poida servir para que a Fiscalía reabra a causa xudicial pechada hai oito anos.

Noticias web

20/08/2020