As grandes empresas presentan as súas receitas para reconstruír España
Os empresarios españois piden seguridade xurídica e consensos amplos para reactivar a economía. Nun cumio organizado pola CEOE, representantes das primeiras compañías do país avogaron por acelerar a transición enerxética, prolongar os ERTE ou eliminar trabas burocráticas.
Fronte á crise máis severa que se lembra, a CEOE convoca os primeiros empresarios do país.Antonio Garamendi, presidente da CEOE “Vimos con ganas contrutivas e vimos sumar”
Piden apostar pola transición cara ás enerxías renovables e a dixitalización da economía. As eléctricas reclamaron levantar os limites legais ao investimento. E todos cren imprescindible garantir un marco xurídico e fiscal estables e levantar regulacións. Juan Roig, presidente de Mercadona “Que se eliminen as trabas burocráticas”
A grande empresa avoga por actuar con rapidez e contundencia para evitar a destrución de emprego permanente, pero sen experimentos. Antonio Brufal, presidente de Repsol “Unha reactivación demasiado lenta ou demasiado focalizada en cambiar abruptamente o noso modelo económico pode danar de xeito estrutural o noso tecido produtivo”
Pablo Isla, presidente de Inditex “Tan importante como as medidas que se tomen é non desmontar o que está funcionando, non hai que reverter as reformas eficaces”
Ignacio Goirigolzarri, presidente de Bankia “Creo que é moi contraproducente que nestas circunstancias se lle pidan ao sector esforzos extraordinarios en forma de impostos”
Cren que os avais ás empresas ou os expedientes de regulación temporal de emprego funcionaron ben, e piden mantelos no tempo.
Ana Botín, presidenta do Banco Santander “Fomos quen de responder mellor que en 2008 grazas, non só, pero en gran parte, aos ERTE, que nos permitiron parar o primeiro golpe da crise”
Os empresarios coinciden na importancia de que que cada decisión sexa froito de consensos amplos fraguados na mesa do diálogo social.