CRTVG

Buscar

O Teneguía e o Tagoro, os últimos volcáns que fixeron tremer as Canarias

Publicado o 19/09/2021 21:42

Dúas das tres últimas erupcións das illas producíronse xustamente en Cumbre Vieja da Palma. Unhas imaxes do Servizo de Extensión Agraria do Cabido de Tenerife amosan a explosión do volcán Teneguía, hai agora case 50 anos.

Durante 24 días os tremores de terra foron en aumento e a lava non chegou a afectarlles ás zonas poboadas pero si estragou cultivos ata acabar no mar. Á conta disto a superficie da illa aumentou e a zona foi declarada monumento natural. Durante anos aínda se sentía o chan quente ao pisar na zona da lava. 

Máis recentemente, en 2011, a vista tiñámola posta na erupción volcánica submarina no sur da illa do Hierro. Desde outubro ata marzo o volcán Tagoro foi botando lava ata crear un edificio submarino que ten unha cima a 89 metros con respecto da superficie do mar.

A poboación máis próxima, La Restinga, foi evacuada varias veces e os canarios viviron, coma agora, e durante meses, pendentes do que a terra botaba para fóra.

Noticias web

19/09/2021